Los niños saharauís que pasaron el verano en Galicia vuelven a casa

Fuente: Televisión de Galicia

Os nenos saharauís que pasaron o verán en Galicia, grazas ao proxecto “vacacións en paz”, marchan hoxe logo de pasar arredor de dous meses na nosa terra.

Máis de 300 cativos foron acollidos un ano máis por familias galegas. Deste xeito puideron esquivar a calor extrema destes meses de verán no Sáhara Occidental. Nos casos en que foi necesario, recibiron atencions médicas, xa que no seu territorio a asistencia sanitaria é moi limitada. O proxecto “Vacacións en paz” xa ten máis de 20 anos de historia, e lévase a cabo grazas á colaboración das familias acolledoras e dos concellos. Esta noite partirán da Lavacolla dous aviones que levarán estes nenos de volta coas súas familias. Volverán ás duras condicións dos campos de refuxiados do Sáhara, pero, iso si, coas pilas cargadas e co recordo dunhas vacacións en Galicia.